domingo, 20 de junio de 2010

Os tronadores

O tronador de térras vianesas correspóndese co escoler ou nubeiro de outras bisbarras de Galicia, o nuberu de Asturias i o tempestan galo.
Pra facerse tronador hai que ir ós Estúdeos Diabrólicos. E a úneca maneira de adequirir poderes sobor das amósferas e pra conseguir a ingravidade percisa pra rubir as outuras.
O tronador ten poder pra formar tronadas e dirixilas a onde lie pete na gana. A cuantía dos danos do pedrazo son á sua vontade: destruzón total ou parcial das colleitas ñas térras elixidas de ante-máu, na meio das cuáis poden quedar algunhas sin resceber daño, se así o desexa.
9 Verídico. O médico vianés D. Manuel Arias decía que tina un olio clínico envl-cllabel.


Cuáxique sempre é castelán ou vive naquelas térras. Somentes re-collemos un relato no que o tronador é galego; pro un galego que es­tuvo moito tempo en Castela e fala castelán.
Cando anda por a térra pode levar calquera vestimenta. Acostuma adoitar a fegura dun esmolante, dun eibado. Cando baixa das amós-feras, despóis da tronada, leva capa, e sombreiro de copa.
O úneco remédeo que hai contra o tronador é o desconxuro, feito por un crego. Contra as tronadas hai mais. Pode tronar que amedro-ñe; pro usando auga benta, loureiro bento, ou tocando as campas pó­dese evitar o pedrazo e os seus danos.
• • •
Estes son algunhos dos relatos recollidos en col dos tronadores:
I
En Quintela do Pando aparescéu un esmolante, meio tolleito, que pedíu bagaje ó rexidor do pobo 9, pra ir hasta Fradelo, quen mandóu cuel ón home do lugar; pro en canto chegaron a un síteo onde naide os vía cortóu unha verdasca de carballo e déulle ó acompañante unha boa pallougada; e, despóis formóu un polvoriño de pó e ar, rubíu por él e fixo unha tronada mui forte, caíndo pedras hastra dunha libra de peso.
II
Unha muller da Chaira iba dun lugar pra outro. No camino co-lléua unha tronada. Pra non se mollar agarimóuse a carón dun bala­do, entre unhas xestas, agardando a que estiñase. No entretnto baixóu o tronador, que resultóu ser un vecino que estuvera moito tempo en Castela. Cubríase cunha capa, e na testa levaba sombreiro de copa.
Non quixo decir qué vecino era, porque a ameazóu con facerlle unha debasa nos seus eidos, se lie descubría o segredo.

9 O bagaje, esprícanos, é a axuda obrigada que en cada pobo hai que He facer os esmolantes ou viaxeiros que o percisen.

No hay comentarios:

Publicar un comentario