Pra algunhas persoas o mesmo é meigo que bruxo; pro, pra as mais délas é cousa mui difrente, posto que ten moitos mais poderes que os bruxos, que somentes pode adequirir no Etúdeo Diabrólico, e non de outro xeito.
O meigo pode ter todas as riquezas que queira, posto que sabe onde están enterrados todos os haberes, mais disprecíaos; non He intresan. O úneco que quer é ser o mais sabido de todos os sabidos, por o que pasa a vida estudando en libros que lie empresta o demo e que naide mais que eles saben 1er; pois anque caian ñas mas de outras persoas non lie serven pra nada, porque non entenden o que din.
Ademáis, poden vivir eternamente. Pra eso teñen que morrer e volver a nacer. Vivos, outra vez, naide os pode matar, non padecen enfermedades, nin envellecen.
O rei de todos os meigos foi o Marqués de Viana \ cóntanos Victoria Rodríguez, de Bembibre.
O Marqués de Viana porparóuse pra meigo na Escola Diabrólica, onde estuvo dous anos arreio,
Cando voltóu ó mundo tina canto quería; mandaba mais que o rei das Españas i era o mais rico entre os ricos. Pro non lie intresaban poderes nin riquezas; o úneco que el quería era ser cada vez mais sabido. Pechábase cun criado mouro que tina, que trouxera da Moure-ría, dentro dun carto onde tina moitos cacharros; i ali esquecíase da vida e da xente. A muller non lie quería ben por eso; xa que o gusto déla era andar de festa en festa e de romaría en romaría; e tratóu de decir que era bruxo pra ver se o queimaban; cousa que non levaron a cabo, porque mandaba mais que ela, inda que a Inquisición lie tifia ganas.
Descubrirá o segredo de vivir eternamente. Pra conseguilo tina que morrer e resucitar. Díxolle ón criado que tifia que o picara en cachos mui miudiños e, dispoixas, que o métese nunha redoma sin verter unha soia pingadiña de sangue e que o enterrase no estéreo da corte. Tamén lie mandóu que cando houbera feito todo eso ,e pra que naide se decatara da súa falta, que se vistise coas súas roupas e que se apaseara polas fincas, coma se fora o verdadeiro marqués.
A pesares das precauciós, a dona do marqués desconfióu de que estaba acurrindo algo fora das costumes do home. Espleitóu e soubo que era o criado quen estaba no canto do amo; e con ameazas de que o acusaba de lie ter dado morte; tuvo que contar a verdái. Entón bai-xóu á corte, desenterróu a redoma e crebóuna dunha patada, ó tempo que decía:
—Xa que o demo che levóu a ialma, que che leve tamén o corpo, O corpo do marqués xa estaba meio recomposto i emprincipiaba a bulir.
• • •
O úneco meigo que de soubemos en térras de Viana, foi o Meigo de Fradelo.
Tina fama de adivino. Iban onda él pra lie consultar sober o pa-radeiro de cousas perdidas; i en caso de arroubo quén fora o ladrón.
Apañóu moitas pallougadas, por predecir a morte dos vecinos s, xa que coidaban que era o causonante das mortes.
Decía que falaba co demo por as noites. Pra eso non tina mais que petar nun taboado que tina á veira do leito. Apáresela o demo na fegura dun veche negro, achichaba cuel e decíalle canto iba acontecer.
No hay comentarios:
Publicar un comentario