viernes, 18 de junio de 2010

As Bruxas

As bruxas

As bruxas poden adequirir os poderes por os conecementos ade-prendidos nos Estúdeos Diabrólicos, por herdenza, sexa conxénita ou voluntaria. A filia dunha bruxa nasce eos poderes da bruxería, que pode exercitar ou non. Algunhos informantes mañifestan que a herdenza voluntaria ten que ser trasmitida por meio dun barredoiro co­ludo por a bruxa e por a herdeira; outros din que chega con darse a mau, con coñecimento da herdenza ou sin el. Craro que a bruxa non cede o mando a ninguén hastra acharse en trance de morte.
Os poderes que teñen as bruxas son moitos; sempre facendo daño, pra que as almas se condanen, de acordó co pauto feito co demo, ou por a herdenza rescibida. Pro non todas as bruxas teñen os mesmos mandos: Na noite de San Xoán axúntanse en Sevilla, asegún algun-hos, poucos; ou nos Campos de Allariz', asegún os mais.
Pra iren ós Campos de Allariz fano voando por o ár; e pra eso teñen que untar o corpo cunha untura feita de unto de quiobra \ iau-tras cousas que naide soubo decir.
Non está ben esclarecido a procedenza de esta untura, chamada cacho da bruxería; pois, asegún algunhos, faina o demo; asegún outros, cada bruxa porpara o seu cacho da bruxería; pro, proceda donde proceda, a untura produce os mesmos efetos.
Ós Campos de Allariz acoden sete bruxas e tres meigos de cada parroquia, pois en ningunha pode haber mais nin menos. Alí bailan unhas cuas outras, bícanse de vez en cando e, o demo poseieas todas,
1 O de facer o aquelarre nos Campos de Allariz pode ser de que en Allariz houtao unha importante xudería e sabido é que os xudéus tifian sona de practicar as Artes máxicas.
2 En térras vianesas créese que as quiobras voan pra ir a morrer á Serra de Armería, lugar que pode ser Armea de Augas Santas.

unha por unha, no meio dun rebulicio tremendo, pois todas queren ser as primeiras.
Esa mesma noite de San Xoán, ás doce en punto, ten lugar o reparto dos mandos: Unha bruxa ou meigo de cada parroquia rescibe o mando das moscas, outra o mando dos piollos... Pro eso non quita que cada unha poda facer uso de calquer mando, sempre que sexa pra facer daño qui é o compromiso adequerido co demo, cua fin de condanar as almas.
Obran por maxia simpatética; xa sexa homeopática ou contami­nante \ por desexo xinxelo ou por conxuro.
Hai moitos romédeos contra a bruxería: O uso da auga bendita, do loureiro bendito, ou untarse con alio. Agora que o millor meio é conecelas e facer como facían en tempos pasados. Mollaban en leite unha estriga de liño e despoixas arrastrillábana, pra o outro día todas as bruxas aparecían cua cara arrabuñada, cando iban á Misa. Entón prendíanas e queimábanas.

I
Unha bruxa, que estaba de morte, desexaba trasmitir o mando, e pregáballe ás mulleres que estaban alí que lie desen a mau pra des­pedirse deste mundo; mais, como todas sabían que era bruxa, nin gunha lie facía caso. Entón chegóu outra muller mais avisada, a que, ós requerimentos da bruxa, entregóulle o barredoiro e dispoixas bo tóuo ó lume; mais, ante o asomo dos presentes, liscóuse do lume, pú-xose a bailar de contente por o estrado adiante e, pasado un anaco de tempo, saíu voando por a pipileira.
II
Unha bruxa tina unha filia casada e levábase mui mal co xenro.
Na noite de San Xoán foi a búscala outra bruxa da mesma parro­quia pra, xuntas, marchar ós Campos de Allariz. Non quixo ir porque se deu conta de que a filia ouvira todo canto falaron, inda que ésta facía que estaba durmindo no escaño.
Pasadas as doce da noite voltóu a outra bruxa do seu viaxe ós Campos de Allariz e díxolle á que non fora:

—Inda que non fuche, i en vista do empedimento que tuveche, que non foi de vontade, entrache no reparto dos mandos e tocóuche o mando das moscas.
—Ai, canto me folgo! Agora, o meu xenro vaimas a pagar todas. Maná heio de mandar á arada e cando menos se decate heille de cei-bar enriba todas cantas moscas e mais bichos hai na parroquia, pra que lie espanten as vacas i o maten.
A filia, que estaba a espleita, pasóu toda a noite sin durmir, pen­sando en cómo iba facer pra que ó seu home non lie pasara nada. Lembróuse da madrina da boda qui era muller de moita esperiencia e á pola maná marchóuse onde ela pra que a aconsellase; quen lie
dixo:
—Percura ir co teu home. Levas un ramallo de loureiro bendito que che vou a dar e cando apareza o neboreiro das moscas daslle co ramallo e non ha de quedar unha viva, ou por o menos, malferida. Pro teño que che adevertir unha cousa: Antre todos os bechos que alí acudan irá unha mosca mui grande, mais ca calquera tabáu, esa mosca é tua mai; percura non lie bater mui forte, porque sempre é tua mai e non quererás quedarte sin ela.
Volvéu onde o seu home, co ramallo do loureiro bendito acuito no seio e tanto, tanto lie teimóu ó seu home en ir cuel á arada, que, por últemas, deixóua ir.
Anduvo o home arando deica preto do mediodía sin novedade al-gunha; pro a esa hora aparescéu un neboreiro de moscas tabáus e mosquitos, e inda outras erases de bechos que lie arrepiaba o corpo a calquera; i antre todos unha mosca, tan grande que cuaxi era coma un concho.
O home trascóuse, ante aquel nebueiro, nunca visto; pro a muller, como estaba no alio, botóu mau do ramallo que levaba e batedela eiquí e batedela alí, fixo fuxir os bechos. Entón a mosca grande, que era sua mai, quíxose ceibar nela e, craro non tuvo mais romédeo que baterlle, vendo que lie crebara unha pata.
Domeñaron as vacas e seguiron arando deica acabar a xeira. Can­do voltaron á casa, xa na mesma entrada do pobo lie dixeron que sua mai partirá unha perna,
Outros relatos romatan cua morte da bruxa. Asáñase de tal xeito na filia, que esta non ten mais romédeo que romatala de morte. Pro este romate cóntano sempre falando mui baixiño e incruso persinán-dose ante a gravedade do feito da morte da mai.


III
Nunha casa había duas taruxas, nai e filia; as duas casadas. Coma a todas as bruxas, gostábanlle moito as afillogas 4 e, mentres os ho-mes durmían chuchábanlle o sangue pra facer a lambonada. Por o mesmo estaban fracos i albacentos,
Unha noite de nevé pedíu pousada na casa un esmolante vello, gordo i arrosado, con moita esperencia da vida; quen, no intre, com­préndela o que alí acontencía, vendo, por outra banda, aquelas duas mulleres ben apañadas e cheias de vida.
Xa no cabo do camino, cando se foi deitar, i ala como pudo, apa-ñóu un alio na cocina e restregóuse ben cuel, dinde o nascemento do cábelo hastra as puntas dos dedos. Ás doce da noite, mui solermiñas, apareceron as duas bruxas a carón r do seu leito; mais, inda non lie deu o cheiro do alio cando se arretiraron, decíndolle a nai á filia:
—Quén lie insinaría tanto? Este home decatóuse de que as dúas somos bruxas.
—Ai, demo! 6, —respostóu a filia—. E non estaremos en perigo?
—Non, filia, non. Agora mesmo lie irnos facer unha bruxería e pola maná aparescerá morto na cama, sin que naide nos poida culpar a nos.
O esmolante erguéuse e untóuse co alio, novamente, e por a maná erguéuse tan campante e falóu eos homes da casa deste xeito:
—Estóu ollando pra vostedes os dous e perguntándome a min mes­mo se teñen algunha doenza. Fágome esta pergunta porque ontanoite vinos cear e cearon mui ben. Comendo dése xeito no é pra estar tan troxos como vostedes están.
—Pois, non sabemos, —respostóu o mais vello—. Nos tratámonos ben, como vostede puido ver. Mais, esto parece cousa de bruxería.
—Non é que o pareza; é que as bruxas andan con ambos e dous e, se non me fan caso, logo a van a espichar. Ora, refuza a camisa e déixeme ver o brazo isquerdo... O que eu He digo! Vostede non se deu conta dos chuchos que ten no sangradeiro? Ese é o lugar de onde as bruxas adoitan sacar o sangue,,. Vóulle a contar todo o que a min me pasóu.
E cé a pá, contóulle todo canto lie acurrira aquela noite: As sos-peitas adequiridas en canto viu ós homes da casa; o que fixera pra
• Filloas.
5 As taruxas non fan amensión de Deus nin da Virxe, nin de cousa Santa.


se librar dos maleficios das bruxas i a conversa que elas tuveran. E cando se despedíu díxolle:
—Non se esquecían de untarse con alio, de ter auga bendita i alio bendito acuito no cuarto onde dorrae cada quén.
Sogro e xenro tuveron a sua conversa sobor do feito. Pensaron nos romédeos que lie dera o esmolante e ñas dificultades que tifian pra lévalos a cabo; pro, en cabo, decidíronse librarse délas pra sempre.
Entón, coma quen non quer a cousa, escomenzaron a falar de que a xusticia andaba na busca das bruxas e que non había moito que chegara á aldeia co gallo de prender e queimar as bruxas que ato-paran.
Nai e filia fuxiron i acuitáronse na palleira; o que aporveitaron os dous homes pra poñerlle lume á palleira i acabar cuelas pra sempre.
IV
Un zapateiro traballaba na casa dunha bruxa na noite de San Xoán. Cando chegóu a noite púxose á espleita, porque conecía a sona da ama da casa, e viu como se espía e se untaba co contido do cacho da bruxería, abría a fiestra e saía voando por o ár.
O zapateiro quedóu cavilando se él poderla tamén voar e, téndose por valente, untóuse do mesmo xeito que fixera a bruxa, vestíuse con roupa déla, e cando se decatóu estaba voando por as amósferas, ca­mino dos Campos de Allariz, onde chegóu axiña.
Alí estaban todas as bruxas. Bailaban e bailaban, bicándose de vez en cando. Tamén o zapateiro se puxo a bailar; agora que cando lie tocaba bicar, picaba as bruxas na cara, cua súbela, Coidaron que era unha compañeira barbuda e dixeron:
—Esa das barbas que baile, pro que non pique.
Fartas de bailar, as bruxas deitáronse no chau, parolando unhas cuas outras, mentres él facía o dormido.
De alí ón pouco veu o demo na fegura dun veche negro, mui gran­de e poseéuhas a todas. El salvóuse porque formaron un rebulicio do diaño, porque todas querían ser as primeiras en ser do demo.
Dispoixas botaron sortes pra ver qué mando lie tocaba a cada unha. A él tocóulle o dos piollos.
Cando voltaron púxose a pensar se tería mando efeutivo e, pra comprobalo, como lie quería mal á sogra, que o mataba de fame, pro

bou de castígala cunha boa capa de piollos, que deron conta déla en poucos días, de tanto sangue que lie zugaron. Pro el pagóunas ben; pois, por lie haber dado a mau ás bruxas, cando bailaban e se tricaban, quedóu bruxo pra sempre.
V
Nun pobo da bisbarra viña habendo moitas desgracias por o mes-mo estilo: Mortos, feridos no corazón; pernas crebadas por o mesmo sitio... O caso chamóulle a atención á xusticia; mais, por moito que esculcóu non poido dar co causonante.
O crego do lugar andaba, unha vez, a rezar no seu libro, ó tempo que se apaseiaba, pra eiquí e pra alí, por un camino adiante.
Víu que unha nena de quince anos xogaba cun moneco feito de trapos, ó que trataba de lie espetar unha águila no corazón; pro, ó darse conta de que o cura a ouservaba, púxose a cantar i a rir, pra desimular. Mais, o crego tuvo unha sospeita e pedíulle que se confe­sase. A nena negóuse de emprincipio, decindo que xa o fixera por a Páscoa, como estaba mandado, e que non pensaba voltar á confesión hastra a Páscoa siguente. Teimóu e teimóu o crego e, á fin, a rapaza acedéu.
Confesóu que levaba quince mortes feitas, agás de haber ferido a moitas persoas; xa que non tina mais que picar ó moneco no lugar que desexaba ferir ás suas vítimas. Se quería que morresen de morte repentina, picaba no corazón; sempre pensando en quen quería ferir ou matar.
Engadíu que, anque a sua mai morréu cando era nena de peito, cando foi mor comprendéu que era bruxa de nascemento e, inda que percuraba ser boa, ás vegadas entrábanlle unhas ganas tan grandes de facer daño ós semellantes, que non tina mais romédeo que obrar así.
O cura apoderóuse do moneco e foi a ver o alcipreste e contóulle o que pasaba, quen mandóu facer unha xuntanza con todos os cregos da alciprestía.
Chegaron ó acordó de que había que dar parte á xusticia, pra que fixesen cua rapaza o que estuvera mandado naquel caso; pois, como era menor, nona podían queimar, como adoitaban facer cuas bruxas naqueles tempos. Mandárona prón convento, onde falescéu de velliña, adicada ó rezo i a caridade, O moneco queimárono, o que lie custóu bon traballo, pois, a mais de que non ardía ben, fuxía do lume, tendo que ter conta de él cunhas tenaces.


VI
Unha muller contóu que unha amiga déla levaba mui mala vida co home pola mor dunha querida que tina. Aconselláronse i acorda­ron ir a ver unha bruxa de moita sona, pra ver si lie daba un romédeo conveñente.
A bruxa propúxolle levar a cabo un feitizo meiante o cual o seu home morrería; mais ela apúxose porque lie quería ben ,i endemáis non quería deixar os seus fillos sin pai.
—Boeno, pois, —díxolle a bruxa—, tú me dirás que queres que lie faga; porque o teu home está tan anemorado desa muller que non vexo maneira de arredalo.
—Eu non sei... Non quero que vaia pra onde a outra; pro, tam-pouco quero quedar viuva.
—Boeno, podemos facer outra cousa: Trocarlle as faciós de xeito que quede tan feio que ningunha muller queira voltar a ter tratos cuel... Pénsao ben; pois, se cadra hastra a ti mesma che pode dar ás-caro de que se axunte contigo.
De emprincipio a muller non se decidíu por o remédeo que a bruxa lie propuña e tornóu pra sua casa. Pasaron tempos e, como o home seguía ñas andadas í ela sofría moito, voltóu onde a amiga pra ir xuntas a facer o romédeo proposto. Chegadas ala, i habendo dado o consentemento pra que a bruxa fixera o que dixera, esta acendéu un bon lume, no que foi botando un puñado de xofre, pouco a pouco, ó mesmo tempo que decía:
—Por o poder que rescibín de miña mai, que o home de Fulana de Tal se pona tan feio que non haxa muller que lie queira mirar á cara, fora da sua... Abre que dábre..., abre que dabre,., (Nove veces) °.
Este conxuro repetíuo nove veces, tamén.
Cando chegaron á casa, de volta, alcontraron aquel home tan feio, que, de alí pra diante ningunha muller quería tratos cuel, fora da sua.
VII
Unha moza referíu que nascera eos poderes de bruxa, herdados de sua mai, que, tamén o era. Non os exercitaba porque non quería facer daño a ninguén. Pra ser boa rezáballe moito á Virxe; pois, as veces tina tentazón de se vengar dos que lie facían mal.
Trátase, sin dúbeda, dunha corrupción da palabra cabalística abracadabra.


Frobóu de se podía voar empregando o cacho da bruxería, e puido; pro nunca foi ós Campos de Allariz. Non quixo decir cómo se facía o cacho de bruxería porque lie podía traer moitos males descubrir o segredo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario