
O demo
O demo foi anxo, ala nos prencipios do mundo; pro foi un anxo máu que se revovolvéu en contra de Deus. Por eso foi botado do Ceio. Mais, anxo como era, se perdéu o Paradiso non perdéu os poderes que Deus He ten dado a tódolos anxos. Pro, enrabechado pola perda, dinde entón non se adica a facer ben, coma os outros anxos i a guiar as almas da xente; senón que, pola contra, non pensa mais ca no mal i en facerlle a contra a Deus, percurando perder ós mortáis, tentándoos pra que pequen, meténdose no seu corpo e falar pola sua boca; ou, tamén, estabrecer certos pautos, nos que sempre eisiste o troque da ialma dunha persoa por cartos ou outros bes materáis, ou tamén por certos poderes que se adequiren na Escola Diabrólica.
No hay comentarios:
Publicar un comentario