A Escola Diabrólica
A Escola Diabrólica está estabrecida en los prefundos de los Infiernos, rexida polo Demo Maior, axudado polos demos pequeños e polos demiños.
Pra ter direito a entrar na Escola Diabrólica hai que venderlle a ialma ó Demo Maior. O pauto faise esquirbindo cunha pluma de galo negro mollada na sangue do que vai ser descipre. Pro, decimos nos, o pauto, mais que esquirbido é selado co sangue do intresado, posto que naide nos soubo decir en qué eras de material se esquirbía; e pode facelo unha persoa que non saiba esquirbir.
Na Escola Diabrólica ou Estúdeo Diabrólico pódese adeprender pra tronador, meigo, sabia, bruxo e bruza. I é tal o poder que adequiren que, cando voltan ó mundo, ninguén se pode librar dos seus maleficios, salve milagre divino. En los prefundos de los Infiernos entran os descipres en fatos de dez. Alí son diezmados, posto que botan sorte pra que ó que lie toque, quede de por sempre no Inferno en corpo i alma.
As erases ou estúdeos daos unha mau peluda. Os descipres comen e beben todo canto queren i o que se lie antoxe. O tempo de apren-dizaxe e indefinido. Nos relatos recollidos hai casos de hastra dous anos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario